BARBÓN BLOG CUMPRE TRES ANOS DE TRABALLO.

D. Daniel Veiga Martínez, ten a ben informar -dunha parte- do traballo de formación do profesorado e do alumnado que se realiza no noso centro e de manifestar os meus parabéns aos coordinadores dos grupos de traballo cos que veñen colaborando: Rosa Alonso e Manuel López e a todos os profesores/as que participaron.
Por unha banda, o proxecto Orientarse con internet vinculado á formación no ámbito de internet do alumnado -en particular nas aplicacións da web 2.0- e sobre temas de información académica e profesional. Pola outra banda, o esforzo de formación permanente -en centro- do profesorado. Unha boa parte das actividades realizadas no curso 2007/2008 se poden consultar no blog de Grupo de traballo BARBÓN BLOG.
Por último, comunicar que se está potenciando a creación de blogs entre o alumnado, creando os PREMIOBLOGS que se van entregar a finais de maio de 2008. Para saber máis sobre os Premios para Blogs dos alumnos/as hai que visitar o blog dos PREMIOS.
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Daniel Veiga
Barbón Blog durante o curso para os teus alumnos e Curso de Blogs para o seu profesor-titor.
Un saúdo.
Fecha: 15/05/2008 21:09.



