Se muestran los artículos pertenecientes al tema CADERNO DE VIAXE.

07/05/2008

¿QUE ESTÁ PASANDO NO CASTRO DA ATALAIA?

20080508123921-20080429castro-atalaia.jpg

Manuel Miranda, Lois Diéguez e Adolfo de Abel expoñerón mediante fotos e vídeos, como se foi destruíndo unha parte importante do castro da Atalaia (San Cibrao-Cervo). Manuel Miranda, ceramista, seguiu, paso a paso, xunto cos viciños de San Cibrao, esta triste historia que bota por terra calquera tipo de sensibilidade e concepto de xustiza que poden ter as persoas responsábeis de respectar o noso patrimonio.

 

07/05/2008 11:35 Autor: luosva. #. Tema: CADERNO DE VIAXE No hay comentarios. Comentar.

09/04/2008

NOVIDOSO SISTEMA DE VENTÁS ANTIVANDÁLICAS.

20080409141027-ventanas-santiago.jpg


    Consiste nun sistema de ventás abisagradas de dúas follas, con apertura supostamente exterior, cun novidoso sistema antivandálico construído aproximadamente no século XII, e destacando os materiais utilizados na súa construción.

    Atópanse instaladas no Pazo de Xelmírez, lateral esquerdo, é dicir, a rúa que vai dende a Praza do Obradoiro cara á praza de San Martiño, e aquí xorde a pregunta ¿de quen se quererían protexer? Pena de non ter a patente.
09/04/2008 14:10 Autor: luosva. #. Tema: CADERNO DE VIAXE Hay 2 comentarios.

01/04/2008

COÑECER O BARROCO.

O día 4,5 e 6 de abril, terá lugar a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO", organizado por LugoPatrimonio .

O venres, día 4, comeza a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO" con dúas interesantes conferencias:

- A festa Barroca, conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela ás 19:00.

-Escultura e Pintura do Barroco galego, conferencia do Restaurador César Carnero ás 20:00h.

O sábado, día 5, visitaremos a catedral de Lugo e outros lugares da cidade.

 

ollos grandes

 

O domingo finalizará o obradoiro cunha viaxe a Monforte e Samos, onde se realizará a clausura do Obradoiro cun concerto sobre o Contorno da Música Barroca polo grupo Solo Voces.

 

01/04/2008 10:27 Autor: luosva. #. Tema: CADERNO DE VIAXE No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]