Blogia
luosva

¿Quen é o técnico na Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e cál é o seu perfil?

¿Quen é o técnico na Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e cál é o seu perfil?

É o técnico encargado de:

  • Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
  • Obte-la producción en liñas automatizadas, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
  • Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.

O perfil do técnico debe ter:

  • Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos, comprende-la función dos diversos equipos e máquinas
  • Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación, que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
  • Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe
  • e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
  • Realizar operacións de instalación en planta de maquinaria, ensamblando subconxuntos, conexionando ós sistemas auxiliares e asegurando o funcionamento das máquinas.
  • Diagnosticar estado de elementos das máquinas utilizando os procedementos de medida e programas informatizados de autodiagnose, seguindo un proceso de relacións causa-efecto establecido.
  • Operar e controla-los diferentes equipos, máquinas e ferramentas de forma autónoma e en
  • condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades establecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazos esixidos.
  • Actuar en todo momento cumprindo coas normas de seguridade persoal e medioambientais.

0 comentarios