Blogia
luosva

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

 

O vindeiro curso introduciranse modificacións na Formación profesional que producirán:

  • Maior empregabilidade ampliando a duración de todos os ciclos a 2000 horas para logra unha maior polivalencia laboral.
  • Maior mobilidade profesional, equiparando a titulación coas do resto dos paises da comunidade europea.
  • Mellora da inserción laboral dotando aos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando se requira para exerce a correspondente profesión.
  • Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
  • Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios.

 

A nova distribución dos grupos profesionais na lei do estatuto básico do empregado público eleva a formación profesional de grao superior a categoría do grupo B, e a formación profesional de grao medio á categoría de C1, equivalente ao bacharelato.

 

Clasificación profesional do personal funcionario de carreira.

GRUPOS

TITULOS

Grupo A

Subgrupo A1 e A2

Título universitario de grao

Grupo B

Título de técnico superior

Grupo C

C1

Título de bacharelato ou técnico

C2

Título de graduado en ESO

 

1 comentario

fente -

LOS LIBROS TIENEN SU ORGULLO. CUANDO SE PRESTAN NO VUELVEN NUNCA (FONTAINE).