Blogia
luosva

OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.

OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.

 

O venres 16 rematou o curso do PGS de Construcións metálicas en aluminio, onde os sete superviventes (contando co profesor, que as súas pasou...) invitaron a uns pinchos aos seus compañeiros do CM de mantemento, profesorado de mantemento e administración, e por suposto ao xefe do departamento de orientación, que nos agasallou cuns pasteis.

Cumprindo con creces os obxectivos reflectidos no currículo profesional, ademais das actividades realizadas no taller de aluminio, pódense destacar a:

  • Construción a careta do cigarrón (2,45 x 1,60 m) mediante proceso de soldadura por arco con electrodos revestidos.
  • Construción e instalación de tres ventás de sistema corrediza de tres follas de 3 x 1,20 metros para os departamentos de mantemento, orientación e humanidades.
  • Construción e instalación de dúas ventás de sistema corrediza de dúas follas de 1,40 x 1,20 metros con persiana, para a entrada principal do IES Garcia Barbón.
  • Construción dunha mesa de estrutura metálica para un equipo de son do IES.
  • Instalación dos altofalantes do salón de actos baixo a atenta mirada do xefe do departamento de mantemento.

PARABÉNS

GPS

DE METAL

0 comentarios