Blogia

luosva

TICs NO IES GARCIA BARBON.

Os alumnos de 1º de bacharelato B, D, fan a presentación dos traballos feitos no curso.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

AFIADO DE BROCAS PARA METAL.

interesante video, pero aprendese mellor afiando a pé do esmeril.

CANDO A SOLDADURA CONVÉRTESE EN ARTE.

Os alumnos de 1º do ciclo medio de mantemento e servizos á produción, realizaron con material reciclable do taller e pezas feitas por eles mesmos (fresadora, torno, trade, lima,...) o touro do Guernica de Picasso, dunha altura de 3,05 metros, proporcional ao orixinal.

 

OS CIGARRONS DE VERIN.

ARTESAN DE CARETAS DE CIGARRON.

Un interesanate video de fotos, feito polo meu amigo Nelson Salgado de Verin, sobre o arte da fabricación das caretas.

AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA.

AS FORMIGAS DE LAZA.

O ENTROIDO EN SALCEDO 2008.

Outro costume dos nosos ancestros.

ENTROIDO EN RIBEIRAO 2008.

Estou no medio de cigarróns, peliqueiros e pantallas, pero existe outro tipos de figuras do entroido.

O entroido ribeirao chámase así porque se celebra na ribeira do Miño, e o sitio onde está recollido chámase Santiago de Arriba.

 

FABRICACIÓN DUNHA ROSCA EXTERIOR.

PROCESO DE SOLDEO CON ELECTRODOS REVESTIDOS 4.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

PROCESO DE SOLDEO CON ELECTRODOS REVESTIDOS 3.

PROCESO DE SOLDEO CON ELECTRODOS REVESTIDOS 2.

PROCESO DE SOLDEO CON ELECTRODOS REVESTIDOS. 1

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL NO IES GARCÍA BARBÓN DE VERÍN

 A oferta de módulos obrigatorios de PCPI (programas de cualificación profesional inicial) no IES GARCIA BARBON de Verin, son:

IES GARCIA BARBÓN

PTCP01

PCPI de costura

PTMV01

PCPI de mantemento de vehículos

PFME01

PCPI de fabricación mecánica

Mais información.

ENTREGA DE PREMIOS DE BARBÓN BLOG.

 

IMPORTANTE

O venres 30 de maio, ó departamento de orientación celebrarase a entrega de premios de BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG, no salón de actos do IES GARCIA BARBON, ás 12:00 horas.

Convócase aos alumnos do PGS de alumnio que veñan a recoller o seu premio, xa que ó seus blogs foron premiados.

http://30demaio2008.notlong.com/


Make video montages at www.OneTrueMedia.com

OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.

OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.

 

O venres 16 rematou o curso do PGS de Construcións metálicas en aluminio, onde os sete superviventes (contando co profesor, que as súas pasou...) invitaron a uns pinchos aos seus compañeiros do CM de mantemento, profesorado de mantemento e administración, e por suposto ao xefe do departamento de orientación, que nos agasallou cuns pasteis.

Cumprindo con creces os obxectivos reflectidos no currículo profesional, ademais das actividades realizadas no taller de aluminio, pódense destacar a:

  • Construción a careta do cigarrón (2,45 x 1,60 m) mediante proceso de soldadura por arco con electrodos revestidos.
  • Construción e instalación de tres ventás de sistema corrediza de tres follas de 3 x 1,20 metros para os departamentos de mantemento, orientación e humanidades.
  • Construción e instalación de dúas ventás de sistema corrediza de dúas follas de 1,40 x 1,20 metros con persiana, para a entrada principal do IES Garcia Barbón.
  • Construción dunha mesa de estrutura metálica para un equipo de son do IES.
  • Instalación dos altofalantes do salón de actos baixo a atenta mirada do xefe do departamento de mantemento.

PARABÉNS

GPS

DE METAL

ACTIVIDADES DE CARPINTARÍA DE ALUMINIO.

ACTIVIDADES DE CARPINTARÍA DE ALUMINIO.

 

Onte os alumnos do PGS de metal participaron na colocación de dúas ventás de aluminio con persiana na entrada principal do IES Garcia Barbón. As devanditas ventás forman parte dun conxunto de cinco ventás realizadas no taller, destacando as ventás de sistema corredía de tres follas de 3x1,20 metros, para os departamentos de mantemento, orientación e humanidades, colocadas tamén polos alumnos, cumprindo coas actividades programadas para carpintaría de aluminio.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

 

O vindeiro curso introduciranse modificacións na Formación profesional que producirán:

  • Maior empregabilidade ampliando a duración de todos os ciclos a 2000 horas para logra unha maior polivalencia laboral.
  • Maior mobilidade profesional, equiparando a titulación coas do resto dos paises da comunidade europea.
  • Mellora da inserción laboral dotando aos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando se requira para exerce a correspondente profesión.
  • Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
  • Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios.

 

A nova distribución dos grupos profesionais na lei do estatuto básico do empregado público eleva a formación profesional de grao superior a categoría do grupo B, e a formación profesional de grao medio á categoría de C1, equivalente ao bacharelato.

 

Clasificación profesional do personal funcionario de carreira.

GRUPOS

TITULOS

Grupo A

Subgrupo A1 e A2

Título universitario de grao

Grupo B

Título de técnico superior

Grupo C

C1

Título de bacharelato ou técnico

C2

Título de graduado en ESO

 

NOVIDOSO SISTEMA DE VENTÁS ANTIVANDÁLICAS.

NOVIDOSO SISTEMA DE VENTÁS  ANTIVANDÁLICAS.


    Consiste nun sistema de ventás abisagradas de dúas follas, con apertura supostamente exterior, cun novidoso sistema antivandálico construído aproximadamente no século XII, e destacando os materiais utilizados na súa construción.

    Atópanse instaladas no Pazo de Xelmírez, lateral esquerdo, é dicir, a rúa que vai dende a Praza do Obradoiro cara á praza de San Martiño, e aquí xorde a pregunta ¿de quen se quererían protexer? Pena de non ter a patente.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres