A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.
O vindeiro curso introduciranse modificacións na Formación profesional que producirán:
- Maior empregabilidade ampliando a duración de todos os ciclos a 2000 horas para logra unha maior polivalencia laboral.
- Maior mobilidade profesional, equiparando a titulación coas do resto dos paises da comunidade europea.
- Mellora da inserción laboral dotando aos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando se requira para exerce a correspondente profesión.
- Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
- Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios.
A nova distribución dos grupos profesionais na lei do estatuto básico do empregado público eleva a formación profesional de grao superior a categoría do grupo B, e a formación profesional de grao medio á categoría de C1, equivalente ao bacharelato.
Clasificación profesional do personal funcionario de carreira. | ||
GRUPOS | TITULOS | |
Grupo A Subgrupo A1 e A2 | Título universitario de grao | |
Grupo B | Título de técnico superior | |
Grupo C | C1 | Título de bacharelato ou técnico |
C2 | Título de graduado en ESO |
1 comentario
fente -