¿Quen é o técnico na Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e cál é o seu perfil?
É o técnico encargado de:
- Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
- Obte-la producción en liñas automatizadas, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
- Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.
O perfil do técnico debe ter:
- Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos, comprende-la función dos diversos equipos e máquinas
- Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación, que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
- Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe
- e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
- Realizar operacións de instalación en planta de maquinaria, ensamblando subconxuntos, conexionando ós sistemas auxiliares e asegurando o funcionamento das máquinas.
- Diagnosticar estado de elementos das máquinas utilizando os procedementos de medida e programas informatizados de autodiagnose, seguindo un proceso de relacións causa-efecto establecido.
- Operar e controla-los diferentes equipos, máquinas e ferramentas de forma autónoma e en
- condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades establecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazos esixidos.
- Actuar en todo momento cumprindo coas normas de seguridade persoal e medioambientais.
0 comentarios