Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2008.
01/04/2008
COÑECER O BARROCO.
O día 4,5 e 6 de abril, terá lugar a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO", organizado por LugoPatrimonio .
O venres, día 4, comeza a última parte do obradoiro "COÑECER O BARROCO" con dúas interesantes conferencias:
- A festa Barroca, conferencia do historiador Adolfo de Abel Vilela ás 19:00.
-Escultura e Pintura do Barroco galego, conferencia do Restaurador César Carnero ás 20:00h.
O sábado, día 5, visitaremos a catedral de Lugo e outros lugares da cidade.

O domingo finalizará o obradoiro cunha viaxe a Monforte e Samos, onde se realizará a clausura do Obradoiro cun concerto sobre o Contorno da Música Barroca polo grupo Solo Voces.
03/04/2008
¿Quen é o técnico na Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e cál é o seu perfil?

É o técnico encargado de:
- Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
- Obte-la producción en liñas automatizadas, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
- Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.


O perfil do técnico debe ter:
- Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos, comprende-la función dos diversos equipos e máquinas
- Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación, que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
- Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe
- e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
- Realizar operacións de instalación en planta de maquinaria, ensamblando subconxuntos, conexionando ós sistemas auxiliares e asegurando o funcionamento das máquinas.
- Diagnosticar estado de elementos das máquinas utilizando os procedementos de medida e programas informatizados de autodiagnose, seguindo un proceso de relacións causa-efecto establecido.
- Operar e controla-los diferentes equipos, máquinas e ferramentas de forma autónoma e en
- condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades establecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazos esixidos.
- Actuar en todo momento cumprindo coas normas de seguridade persoal e medioambientais.
PLAN DE ESTUDOS DO 1º CURSO DE MANTEMENTO INDUSTRIAL (ciclo medio).

PRIMER CURSO.
Técnicas de mecanizado para o mantemento e a montaxe (290 horas).
- Debuxo técnico.
- Tratamento de materiais.
- Medicións.
- Mecanizado.
- Unións por soldadura e non soldadas.
- As máquinas-ferramenta de arranque de labra.
- As ferramentas para o arranque de labra.
- Procedementos operativos de unión por soldadura.
- Procedementos operativos de mecanizado.
- Procedementos de unións non soldadas.
- Os riscos de manexo das máquinas-ferramenta de arranque de labra e dos equipos de soldaxe.
Electrotecnia (185 horas).
- Fenómenos eléctricos e electromagnéticos. Resolución de circuítos característicos.
- Electrónica analóxica básica.
- Máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
- Medidas.
- Sistemas monofásicos, bifásicos e trifásicos. Características fundamentais. Vantaxes e inconvenientes de cada un.
Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos (215 horas).
- Automatización. Fundamentos e áreas de aplicación.
- Mando e regulación de motores eléctricos. Manobras.
- Sistemas pneumáticos.
- Sistemas hidráulicos.
- O autómata programable.
Seguridade na montaxe e mantemento de equipos e instalacións (55 horas)
- Plans e normas de seguridade e higiene
- Lexislación básica sobre seguridade e hixiene
- Normativa vixente sobre plans de prevención e autoprotección no sector da montaxe e o mantemento de equipos e instalacións
- Factores e situacións de risco e emerxencia
- Consecuencias, exposición e probabilidade
- Sistemas de prevención e protección medioambiental
- Medios, equipos e técnicas de seguridade
Relacións no equipo de traballo (55 horas).
- A comunicación na empresa
- Negociación e solución de problemas
- As relacións humanas
- Equipos de traballo
- Motivación no contorno laboral
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa (80 horas).
- A empresa e o seu contorno
- Formas xurídicas das empresas
- Xestión de constitución dunha empresa
- Xestión do persoal
- Xestión administrativa
- Xestión comercial
- Obrigas fiscais
07/04/2008
PLAN DE ESTUDOS DO 2º CURSO DE MANTEMENTO INDUSTRIAL (ciclo medio).

SEGUNDO CURSO.
Montaxe e mantemento mecánico (220 horas).
- Interpretación de planos de elementos de máquinas e equipos
- Execución de unións fixas, móbiles e desmontables. Unións soldadas, remachadas e aparafusadas
- Montaxe de elementos mecánicos
- Metroloxía
- Instalación de maquinaria.
- Mantemento mecánico.
- Seguridade nas instalacións e montaxes.
Montaxe e mantemento eléctrico (185 horas).
- Representación gráfica e simboloxía nas instalacións eléctricas.
- Instalacións eléctricas industriais.
- Máquinas eléctricas.
- Instalacións automatizadas
- Circuítos electrónicos de aplicación ó equipo industrial.
- Seguridade nas instalacións e montaxes.
Conducción e mantemento de liñas automatizadas (145 horas).
- Organización do mantemento
- Procesos de producción automatizados
- Medios de manipulación, transporte e almacenamento en liñas de producción automatizadas
- Regulación de sistemas automatizados
- Diagnóstico de avarías.
Calidade na montaxe e proceso (55 horas).
- Fundamentos de metroloxía
- Técnicas de medición
- Calidade
- Técnicas de control de calidade
- Ferramentas básicas de análise de calidade
- Informes e pautas de verificación, aspectos que cómpre considerar na súa realización e presentación.
Formación e orientación laboral (55 horas).
- Saúde laboral
- Lexislación e relacións laborais
- Orientación e inserción socio-laboral
- O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Formación en centros de traballo (380 horas).
Prácticas na empresa privada, onde utilizarán os coñecementos adquiridos.
08/04/2008
POSTOS DE TRABALLO QUE PODE REALIZAR.

¿ Que postos de traballo pode realizar o técnico deste ciclo.?
Os técnicos profesionais do ciclo Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas, poden desempeñar un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser:
- Mecánico de mantemento.
- Electricista de mantemento.
- Electromecánico de mantemento.
- Montador industrial.
- Conductor/mantedor de liña automatizada.
09/04/2008
NOVIDOSO SISTEMA DE VENTÁS ANTIVANDÁLICAS.

Consiste nun sistema de ventás abisagradas de dúas follas, con apertura supostamente exterior, cun novidoso sistema antivandálico construído aproximadamente no século XII, e destacando os materiais utilizados na súa construción.
Atópanse instaladas no Pazo de Xelmírez, lateral esquerdo, é dicir, a rúa que vai dende a Praza do Obradoiro cara á praza de San Martiño, e aquí xorde a pregunta ¿de quen se quererían protexer? Pena de non ter a patente.16/04/2008
¿CÁL SERÍA O SEU NOME ...?

Cando os ingleses chegaron ao continente australiano, aproximadamente no 1770, quedaron asombrados cando viron uns animais misteriosos que brincaban sen cesar. Preguntaron aos nativos cál era o seu nome e responderon "Kan ghu ru".
Os ingleses adaptaron o suposto nome á sáu fonética, bautizando ao animal como KANGAROO (canguro). O que descoñecián os intrépitos conquistadores era que os indíxenas lles dixerán: "NON ENTENDO".
22/04/2008
A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

O vindeiro curso introduciranse modificacións na Formación profesional que producirán:
- Maior empregabilidade ampliando a duración de todos os ciclos a 2000 horas para logra unha maior polivalencia laboral.
- Maior mobilidade profesional, equiparando a titulación coas do resto dos paises da comunidade europea.
- Mellora da inserción laboral dotando aos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando se requira para exerce a correspondente profesión.
- Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
- Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios.
A nova distribución dos grupos profesionais na lei do estatuto básico do empregado público eleva a formación profesional de grao superior a categoría do grupo B, e a formación profesional de grao medio á categoría de C1, equivalente ao bacharelato.
Clasificación profesional do personal funcionario de carreira. | ||
GRUPOS | TITULOS | |
Grupo A Subgrupo A1 e A2 | Título universitario de grao | |
Grupo B | Título de técnico superior | |
Grupo C | C1 | Título de bacharelato ou técnico |
C2 | Título de graduado en ESO | |


