Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.
Resumen
- 09/05/2008 09:57 - ACTIVIDADES DE CARPINTARÍA DE ALUMINIO.
- 20/05/2008 13:04 - OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.
- 26/05/2008 09:55 - ENTREGA DE PREMIOS DE BARBÓN BLOG.
ACTIVIDADES DE CARPINTARÍA DE ALUMINIO.

Onte os alumnos do PGS de metal participaron na colocación de dúas ventás de aluminio con persiana na entrada principal do IES Garcia Barbón. As devanditas ventás forman parte dun conxunto de cinco ventás realizadas no taller, destacando as ventás de sistema corredía de tres follas de 3x1,20 metros, para os departamentos de mantemento, orientación e humanidades, colocadas tamén polos alumnos, cumprindo coas actividades programadas para carpintaría de aluminio.
OS SUPERVIVENTES DA ÚLTIMA PROMOCIÓN DO PGS METAL.

O venres 16 rematou o curso do PGS de Construcións metálicas en aluminio, onde os sete superviventes (contando co profesor, que as súas pasou...) invitaron a uns pinchos aos seus compañeiros do CM de mantemento, profesorado de mantemento e administración, e por suposto ao xefe do departamento de orientación, que nos agasallou cuns pasteis.
Cumprindo con creces os obxectivos reflectidos no currículo profesional, ademais das actividades realizadas no taller de aluminio, pódense destacar a:
- Construción a careta do cigarrón (2,45 x 1,60 m) mediante proceso de soldadura por arco con electrodos revestidos.
- Construción e instalación de tres ventás de sistema corrediza de tres follas de 3 x 1,20 metros para os departamentos de mantemento, orientación e humanidades.
- Construción e instalación de dúas ventás de sistema corrediza de dúas follas de 1,40 x 1,20 metros con persiana, para a entrada principal do IES Garcia Barbón.
- Construción dunha mesa de estrutura metálica para un equipo de son do IES.
- Instalación dos altofalantes do salón de actos baixo a atenta mirada do xefe do departamento de mantemento.
PARABÉNS
GPS
DE METAL
ENTREGA DE PREMIOS DE BARBÓN BLOG.
IMPORTANTE
O venres 30 de maio, ó departamento de orientación celebrarase a entrega de premios de BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG, no salón de actos do IES GARCIA BARBON, ás 12:00 horas.
Convócase aos alumnos do PGS de alumnio que veñan a recoller o seu premio, xa que ó seus blogs foron premiados.



