Se muestran los artículos pertenecientes al tema ORIENTACIÓN.

13/05/2008

BARBÓN BLOG CUMPRE TRES ANOS DE TRABALLO.

20080513101626-10674850ek5.gif


D.
Daniel Veiga Martínez, ten a ben informar -dunha parte- do traballo de formación do profesorado e do alumnado que se realiza no noso centro e de manifestar os meus parabéns aos coordinadores dos grupos de traballo cos que veñen colaborando: Rosa Alonso e Manuel López e a todos os profesores/as que participaron.

Por unha banda, o proxecto Orientarse con internet vinculado á formación no ámbito de internet do alumnado -en particular nas aplicacións da web 2.0- e sobre temas de información académica e profesional. Pola outra banda, o esforzo de formación permanente -en centro- do profesorado. Unha boa parte das actividades realizadas no curso 2007/2008 se poden consultar no blog de Grupo de traballo BARBÓN BLOG.

Por último, comunicar que se está potenciando a creación de blogs entre o alumnado, creando os PREMIOBLOGS que se van entregar a finais de maio de 2008. Para saber máis sobre os Premios para Blogs dos alumnos/as hai que visitar o blog dos PREMIOS.

 

13/05/2008 10:16 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.

22/04/2008

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL. PREPÁRATE PARA O FUTURO.

20080422123510-logo.jpg

 

O vindeiro curso introduciranse modificacións na Formación profesional que producirán:

  • Maior empregabilidade ampliando a duración de todos os ciclos a 2000 horas para logra unha maior polivalencia laboral.
  • Maior mobilidade profesional, equiparando a titulación coas do resto dos paises da comunidade europea.
  • Mellora da inserción laboral dotando aos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando se requira para exerce a correspondente profesión.
  • Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior.
  • Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios.

 

A nova distribución dos grupos profesionais na lei do estatuto básico do empregado público eleva a formación profesional de grao superior a categoría do grupo B, e a formación profesional de grao medio á categoría de C1, equivalente ao bacharelato.

 

Clasificación profesional do personal funcionario de carreira.

GRUPOS

TITULOS

Grupo A

Subgrupo A1 e A2

Título universitario de grao

Grupo B

Título de técnico superior

Grupo C

C1

Título de bacharelato ou técnico

C2

Título de graduado en ESO

 

22/04/2008 12:35 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN Hay 1 comentario.

08/04/2008

POSTOS DE TRABALLO QUE PODE REALIZAR.

20080407182206-collage-mant.jpg

¿ Que postos de traballo pode realizar o técnico deste ciclo.?

Os técnicos profesionais do ciclo Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas, poden desempeñar un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser:

  • Mecánico de mantemento.
  • Electricista de mantemento.
  • Electromecánico de mantemento.
  • Montador industrial.
  • Conductor/mantedor de liña automatizada.
08/04/2008 13:23 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.

07/04/2008

PLAN DE ESTUDOS DO 2º CURSO DE MANTEMENTO INDUSTRIAL (ciclo medio).

20080407181629-collage2.jpg

SEGUNDO CURSO.

Montaxe e mantemento mecánico (220 horas).

  • Interpretación de planos de elementos de máquinas e equipos
  • Execución de unións fixas, móbiles e desmontables. Unións soldadas, remachadas e aparafusadas
  • Montaxe de elementos mecánicos
  • Metroloxía
  • Instalación de maquinaria.
  • Mantemento mecánico.
  • Seguridade nas instalacións e montaxes.

Montaxe e mantemento eléctrico (185 horas).

  • Representación gráfica e simboloxía nas instalacións eléctricas.
  • Instalacións eléctricas industriais.
  • Máquinas eléctricas.
  • Instalacións automatizadas
  • Circuítos electrónicos de aplicación ó equipo industrial.
  • Seguridade nas instalacións e montaxes.

Conducción e mantemento de liñas automatizadas (145 horas).

  • Organización do mantemento
  • Procesos de producción automatizados
  • Medios de manipulación, transporte e almacenamento en liñas de producción automatizadas
  • Regulación de sistemas automatizados
  • Diagnóstico de avarías.

Calidade na montaxe e proceso (55 horas).

  • Fundamentos de metroloxía
  • Técnicas de medición
  • Calidade
  • Técnicas de control de calidade
  • Ferramentas básicas de análise de calidade
  • Informes e pautas de verificación, aspectos que cómpre considerar na súa realización e presentación.

Formación e orientación laboral (55 horas).

  • Saúde laboral
  • Lexislación e relacións laborais
  • Orientación e inserción socio-laboral
  • O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación en centros de traballo (380 horas).

Prácticas na empresa privada, onde utilizarán os coñecementos adquiridos.

07/04/2008 18:16 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.

03/04/2008

PLAN DE ESTUDOS DO 1º CURSO DE MANTEMENTO INDUSTRIAL (ciclo medio).

20080407181421-collage-mecani.jpg

PRIMER CURSO.

Técnicas de mecanizado para o mantemento e a montaxe (290 horas).


  • Debuxo técnico.
  • Tratamento de materiais.
  • Medicións.
  • Mecanizado.
  • Unións por soldadura e non soldadas.
  • As máquinas-ferramenta de arranque de labra.
  • As ferramentas para o arranque de labra.
  • Procedementos operativos de unión por soldadura.
  • Procedementos operativos de mecanizado.
  • Procedementos de unións non soldadas.
  • Os riscos de manexo das máquinas-ferramenta de arranque de labra e dos equipos de soldaxe.

Electrotecnia (185 horas).

  • Fenómenos eléctricos e electromagnéticos. Resolución de circuítos característicos.
  • Electrónica analóxica básica.
  • Máquinas eléctricas estáticas e rotativas.
  • Medidas.
  • Sistemas monofásicos, bifásicos e trifásicos. Características fundamentais. Vantaxes e inconvenientes de cada un.

Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos (215 horas).

  • Automatización. Fundamentos e áreas de aplicación.
  • Mando e regulación de motores eléctricos. Manobras.
  • Sistemas pneumáticos.
  • Sistemas hidráulicos.
  • O autómata programable.

Seguridade na montaxe e mantemento de equipos e instalacións (55 horas)

  • Plans e normas de seguridade e higiene
  • Lexislación básica sobre seguridade e hixiene
  • Normativa vixente sobre plans de prevención e autoprotección no sector da montaxe e o mantemento de equipos e instalacións
  • Factores e situacións de risco e emerxencia
  • Consecuencias, exposición e probabilidade
  • Sistemas de prevención e protección medioambiental
  • Medios, equipos e técnicas de seguridade

Relacións no equipo de traballo (55 horas).

  • A comunicación na empresa
  • Negociación e solución de problemas
  • As relacións humanas
  • Equipos de traballo
  • Motivación no contorno laboral

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa (80 horas).

  • A empresa e o seu contorno
  • Formas xurídicas das empresas
  • Xestión de constitución dunha empresa
  • Xestión do persoal
  • Xestión administrativa
  • Xestión comercial
  • Obrigas fiscais

03/04/2008 18:15 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.

¿Quen é o técnico na Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e cál é o seu perfil?

20080403181034-servprod.jpg

É o técnico encargado de:

  • Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, en condicións de calidade e seguridade e con prazos requiridos.
  • Obte-la producción en liñas automatizadas, coordinando os recursos humanos e mantendo os equipos e sistemas de producción en condicións de fiabilidade e dispoñibilidade.
  • Realiza-la montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servicio técnico posvenda en condicións de calidade, seguridade e prazos requiridos.

O perfil do técnico debe ter:

  • Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos productivos, comprende-la función dos diversos equipos e máquinas
  • Interpretar e comprender manuais de mantemento, planos, especificacións técnicas, ordes de fabricación, que lle permitan realiza-lo seu traballo con eficacia e seguridade.
  • Manter e reparar maquinaria e equipo industrial realizando as operacións de montaxe-desmontaxe
  • e substitución de grupos e elementos restablecendo as condicións funcionais.
  • Realizar operacións de instalación en planta de maquinaria, ensamblando subconxuntos, conexionando ós sistemas auxiliares e asegurando o funcionamento das máquinas.
  • Diagnosticar estado de elementos das máquinas utilizando os procedementos de medida e programas informatizados de autodiagnose, seguindo un proceso de relacións causa-efecto establecido.
  • Operar e controla-los diferentes equipos, máquinas e ferramentas de forma autónoma e en
  • condicións de seguridade, coa técnica adecuada á producción, atendendo a prioridades establecidas e a principios de rendibilidade, calidade e prazos esixidos.
  • Actuar en todo momento cumprindo coas normas de seguridade persoal e medioambientais.
03/04/2008 18:08 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.

28/03/2008

UN PREMIO PARA O TEU BLOG.

20080328111501-20080111204712-iesbn.jpg

PREMIO DE BOLGs ESCOLARES

28/03/2008 11:15 Autor: luosva. #. Tema: ORIENTACIÓN No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]